A rexión andina do norte de Ecuador

Boas a todas e todos,

Querovos falar nesta entrada do blogue dalgunhas das paisaxes e lugares que sitúanse ó norte de Ecuador, na rexión andina e na que chaman subtropical.

Baixando en altitude de El Ángel, camiño de Ibarra, un pasa polo Val do Chota. Acercarse a coñecer o val e as comunidades afroecuatorianas que o habitan é case como viaxar a outro país ou continente diferente. O clima é máis cálido, polo que a vexetación cambia. Tamén é posible ver bolboretas case tan grandes coma un pequeno paxaro. As comunidades que viven no val son de etnia afroecuatoriana, e aínda conservan algunhas tradicións culturais (na música por exemplo a «bomba», e noutras comunidades afroecuatorianas da provincia de Esmeraldas é a «marimba»).

OLYMPUS DIGITAL CAMERA     OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA     OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Na cidade de Otavalo, na rexión de Imbabura, a realidade é completamente diferente. O seu mercado de artesanías é moi popular. En Imbabura vive un número importante da poboación indíxena da serra.

IMG_0296

O día de onte, martes 20 de agosto, fixemos un fermoso percorrido a pé que levounos todo o día. O recorrido comezou dende o frío dos 4000 metros de altitude (Morán) ata baixar o clima temperado dos máis de 1000 metros (Las Juntas). A vexetación e fauna ía cambiando paulatinamente, e no camiño puidemos ver algunhas das cabanas que se están a construir para o turismo de natureza. Polo camiño fóronse sacando fotos para posteriormente realizar un calendario.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA  OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA  OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA  OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Estes días escoitamos unha triste noticia en relación coa natureza. O Parque Nacional Yasuní, situado na amazonía ecuatoriana, quizáis o lugar máis biodiverso do planeta, parece que será explotado nun 1% polas empresas petroleiras. Oxalá non aconteza.

Cambiando de asunto, días anteriores realizouse en Mira unha xornada da xuventude, apoiada pola Fundación. A seguinte foto é dunha frase que estaba á entrada do colexio «León Ruales». Engado tamén unhas fotos dende o pobo por encima das nubes, onde nunha delas se pode ver a cúspide nevada dun volcán ao fondo.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA  OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Ata logo!

Deja un comentario